Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Fundación SEPI-ICO 2024

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Instituto de Crédito Oficial 2024/2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/09/2024

Requisitos:

  • Ser cidadán da Unión Europea.
  • Concluír, antes da data de incorporación á bolsa, os estudos necesarios para a obtención dun título oficial universitario ou superior de formación profesional nalgún centro docente español recoñecido oficialmente, apto para desempeñar tarefas de acordo coas prazas ofertadas na convocatoria. Os títulos obtidos fóra de España serán admitidos a condición de que estean homologados ou conten coa declaración de equivalencia outorgada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
  • Poderán tamén presentar a súa candidatura e optar ás bolsas convocadas as persoas estudantes universitarias que teñan, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar, antes da data de incorporación á bolsa. Ditas titulacións deberán acreditarse mediante exhibición de orixinal ou copia lexitimada no momento no que se soliciten.
  • Obter o título de que se trata desde os catro anos anteriores ao ano do proceso en curso.
  • Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1996.
  • Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.

Remuneración / Custo:

  • A duración inicial da bolsa será de 6 meses.
  • A formación dos bolseiros será na sede de ICO (Madrid)
  • Dotación mensual de 1.100 €

Páxina web:

https://www.fundacionsepi.es/

Contacto:

Fundación SEPI

Rúa Quintana, 2-3ª planta (28008 - Madrid)

Tel.: 91 548 83 55

correo-e: becas@fundacionsepi.es

Documentos:

BasesICO_2024 (255 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión