Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), CFEA de Sergude (Boqueixón), CFEA Pedro Murias de Ribadeo e CFEA de Becerreá.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 31/07/2024
Prezo:
DOG 16/09/2013 Decreto polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal.
Ser cidadán/á de calquera país da Unión Europea ou estranxeiro/a que acredite a residencia ou estea dentro dun programa de cooperación internacional.
Ter cumpridos os 18 anos de idade no ano da publicación da convocatoria, no caso das prazas en pensión completa do CFEA de Lourizán, ou ter cumpridos os 16 anos de idade no ano da publicación da convocatoria no caso das prazas en pensión completa que se ofertan no CFEA de Sergude.
Estar matriculado, en calquera dos CFEA adscritos á Agacal, nun ciclo de formación profesional durante o curso escolar.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento MR207A
As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades:
Residencia en pensión completa. A modalidade de residencia en pensión completa inclúe o uso dun cuarto e aseo compartidos e o dereito ao almorzo, xantar e cea.
Comedor para o curso completo. A modalidade de comedor para o curso completo comprende o servizo de xantar na sala de comedor durante todo o curso de luns a venres, todos os días lectivos do centro en que se oferte o servizo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible