Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes
Convocatoria de prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 07/08/2024
Prazo extraordinario do 2 ao 6 de setembro de 2024, de quedar prazas vacantes.
Horario:
O período de funcionamento dos centros residenciais docentes coincidirá co calendario escolar para o curso 2024/25. O centro residencial permanecerá pechado a partir do 30 de xuño de 2025, e tamén as fins de semana.
Requisitos:
Ter dezaoito anos feitos, ou facer esta idade dentro do ano natural 2024.
Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teña que realizar o devandito labor de apoio.
A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, mestrado oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2024/25, en réxime de dedicación académica a tempo completo:
Estudos de grao: 60 créditos.
Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Non obstante, as persoas solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculadas no número mínimo indicado a seguir: Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos, estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50 % dos créditos indicados no punto anterior.
As persoas beneficiarias de praza de colaboradora bolseira non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado. Tamén, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
Na adxudicación das prazas teranse en conta criterios económicos (renda da unidade familiar), académicos (expediente académico) e outros méritos relacionados coa experiencia derivada da participación en cursos e/ou actividades educativas ou formativas, coñecemento de linguas estranxeiras e/ou de ofimática e a experiencia na realización de actividades ou funcións similares.
Remuneración / Custo:
As persoas adxudicatarias de prazas de colaboradora bolseira utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estean abertas as residencias.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED308A
Número de prazas ofertadas:
Centro residencial docente da Coruña: 18 prazas.
Centro residencial docente de Ourense: 6 prazas.
Centro residencial docente de Vigo: 6 prazas.
As persoas colaboradoras bolseiras teñen as seguintes obrigas:
Residir no centro residencial docente.
Colaborar no desenvolvemento das tarefas e actividades relacionadas con accións formativas complementarias durante o período de funcionamento en que estea aberto aos residentes.
Na súa condición de colaboradora ante o resto das persoas residentes, teñen a obriga de cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible