Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas e bolsas nas residencias xuvenís para o curso académico 2024/25

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon as residencias xuvenís de Lugo, Ourense e Vigo, ao servizo das persoas mozas que, por razóns de estudos ou traballo, se vexan obrigadas a permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 19/08/2024

Duración:

11 meses, durante o curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

Prezo:

Persoas estudantes non bolseiras e persoas traballadoras: 

  • Habitación dobre: 324 € por persoa residente e mes
  • Habitación cuádrupla: 250 € por persoa residente e mes

Persoas estudantes colaboradoras bolseiras:

  • Ademais dos servizos xerais, desfrutarán do aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento, de setembro a xullo.

Requisitos:

  • Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España.
  • Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.
  • Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes non bolseiras:
    • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
    • Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutoramentos ou estudos de mestrados universitarios oficiais.
    • Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada a través do certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante. Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia, pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optar ás prazas ofertadas.
  • Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras:
    • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
    • Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
    • Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    • Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, con anterioridade á publicación desta convocatoria, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.
  • Requisitos específicos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras:
    • Ter os 18 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
    • Non ter perdido a condición de persoa estudante colaboradora bolseira da cal foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.
    • Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.
    • Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso. 

Páxina web:

http://xuventude.xunta.es/

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta cero. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 645

Email: programas.xuventude@xunta.es

Dúbidas ou dificultades técnicas no proceso de presentación de solicitudes: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 19/07/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): códigos de procedemento

  • Prazas para estudantes BS303B 
  • Prazas para persoas estudantes colaboradoras bolseiras BS303C 
  • Prazas para persoas traballadoras BS303D

Modalidades de adxudicación de prazas: 

  • Prazas en residencias xuvenís para estudantes.
  • Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
  • Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

Número de prazas e distribución por residencias: 

Residencia Prazas persoas estudantes non bolseiras Prazas persoas  colaboradoras bolseiras Prazas persoas traballadoras Total
Centro Residencial Xuvenil LUG         71             4           6 81
Florentino López Cuevillas Ourense         50             5           5 60
Altamar Vigo         79             6           7 92

Do total de prazas resérvase un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen e/ou para persoas mozas con expediente de protección aberto. Ademais, na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión