Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

O obxecto deste programa do Igape é a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de xóvenes profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 22/07/2024

ás 14:00h.

Requisitos:

  • Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude.
  • Ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia con un ano de antigüidade á data de publicación destas bases.
  • Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario:
    • Título universitario oficial de Graduada ou Graduado español;
    • Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivalan ao título de Grao. Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos. A titulación pódese obter e acreditar ata 5 días despois da publicación da resolución de concesión, a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.
  • Coñecementos de inglés (falado e escrito): Deberá acreditarse o nivel mínimo de idioma inglés B1 (mediante a realización dun exame o con algún dos certificados relacionados na convocatoria).

Remuneración / Dotación:

  • Convocatoria de 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica.
  • A duración da bolsa establécese nun máximo de once meses contados desde xaneiro a decembro de 2025, prorrogables, se é o caso, por petición da persoa bolseira, por un máximo de 11 meses adicionais
  • O Igape realiza convenios con entidades e/ou organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial en destinos do ámbito de Galicia e no ámbito internacional. Os destinos poderán ser, polo tanto, en Galicia ou no estranxeiro, sempre en entidades que teñan unha compoñente esencial de traballo na internacionalización empresaria
  • Para a dotación (tanto para a dotación inicial como para a prórroga) terase en consideración os índices do custo de vida das distintas cidades de destino das bolsas, segundo criterios establecidos polo ICEX. 

Páxina web:

https://www.igape.gal/

Organiza:

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Contacto:

Igape

Tel.: 900 815 151 / 981 541 147

informa@igape.es

www.igape.es

Publicación:

- Corrección de erros: DOG 24/06/2024

- Bases: DOG 21/05/2024

Procedemento sede electrónicaIG414A 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión