Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
25.ª Edición Relatos de Verán de La Voz de Galicia
La Voz de Galicia, S.A. convoca a 25.ª Edición dos premios Relatos de Verán que se publicarán durante o mes de agosto do 2024.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 31/07/2024
Requisitos:
Poderán participar todas as persoas que o desexen, con relatos en galego ou en castelán, sempre que sexan inéditos e que se axusten ás seguintes condicións:
A dimensión dos textos non poderá exceder de 25 liñas mecanografadas de corpo 11 (uns 2.100 caracteres con espazos incluídos).
Os orixinais deberán acompañarse cos datos do autor (idade, nome, D.N.I., enderezo, teléfono, profesión e, a ser posible, unha breve indicación biográfica e fotografía tamaño carné) e co texto en soporte informático.
Para participantes menores de 14 anos, os textos e datos do autor deberán ser remitidos polos seus pais ou titores legais, acompañando así mesmo os seus datos (nome, D.N.I., enderezo, teléfono de contacto), en sinal de autorización para participar no premio nos termos que se indican nas bases da convocatoria.
As obras poderán enviarse en soporte electrónico ou en papel ás direccións que aparecen nas bases.
Remuneración / Custo:
Establécense dous premios segundo a idade:
O autor de ata 15 anos (incluídos) que acade maior puntuación polo seu relato recibirá un eBook.
O autor de 16 ou máis anos que acade maior puntuación polo seu relato será obsequiado cun bono para unha estancia dunha noite para dúas persoas nun dos establecementos OCA Hotels de Galicia ou Asturias, en habitación doble, en réxime de aloxamento e almorzo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible