Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

VII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca o VII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2024

Requisitos:

  • Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
  • Non poderán resultar premiadas as persoas participantes, nas cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais, que non poderán conter ilustracións, abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos espazos.
  • Non poderán concorrer ao premio traballos que xa fosen presentados nalgunha das cinco edicións anteriores.
  • As candidaturas poden presentarse a través de https://sede.xunta.es co procedemento CT143A.

Remuneración / Dotación:

3.000€

Páxina web:

https://cgac.xunta.gal/

Contacto:

CGAC

Rúa Valle Inclán nº2

15703 - Santiago de Compostela

Tel: 981 546 619

Mail: cgac@xunta.gal

Publicación: DOG 23/04/2024

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión