Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os Premios Educacompostela co fin de recoñeceren, promoveren, premiaren e difundiren publicamente aqueles materiais educativos que, polo seu valor e interese, poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 20/09/2024
Requisitos:
Poderán participar individualmente ou en grupo, quen teña producido materiais didácticos sobre os temas relacionados.
Os materiais didácticos poderán estar dirixidos aos diferentes niveis do ensino e poderán tratar sobre aqueles temas que o profesorado considere oportuno abordar no desenvolvemento do currículo nos seus centros educativos, ben sexa en educación infantl, primaria ou secundaria ou en etapas postobligatorias. Tamén se poderán presentar materiais dirixidos á educación non formal e informal.
Os materiais presentados deberán ser orixinais e inéditos. Deberán estar redactados ou elaborados en lingua galega. Non poderán participar aqueles traballos que tiveran sido premiados con anterioridade.
Cada material ou conxunto de materiais deberá ir acompañado dun texto explicativo dun máximo de 15 páxinas que dea conta das súas características, estrutura, obxectivos, destinatarios/as, proceso de elaboración, aplicación, avaliación e resultados obtidos.
Remuneración / Custo:
1º premio: 1200 €
2º premio: 900 €
3º premio: 600 €
Organiza:
Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega
Contacto:
Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible