Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XVIII Certame de Poesía Antón Zapata García

O Concello de Laxe, a través da área de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, convoca a decimoitava edición do certame de poesía Antón Zapata García co obxectivo de promover a creación literaria e de achegar a figura deste poeta laxense.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 19/08/2024

Requisitos:

  • Poderá participar no certame calquera persoa que así o desexe, podendo presentar un máximo de 2 poemas candidatos na categoría que corresponda.
  • Establécense as seguintes categorías de participación:
  • a) Categoría Infantil: ata os 11 anos
  • b) Categoría Xuvenil: dos 12 ata os 25 anos 
  • c) Categoría Adulta: a partir dos 26 anos.
  • A temática é de carácter libre. Serán excluídos do certame aqueles que empreguen termos ofensivos, malsoantes ou que poidan vulnerar os dereitos fundamentais de calquera ser vivo.
  • Os poemas terán unha extensión mínima de 20 versos e máxima de 150 versos.
  • Os poemas presentaranse en tamaño DIN A4 preferentemente mecanografado, aínda que tamén se admitirán escritos a man, sempre e cando estes sexan lexibles na súa totalidade.
  • De maneira preferente, escribiranse en lingua galega conforme á normativa vixente, aínda que, de maneira opcional, tamén se admitirá a súa presentación en lingua castelá para aquelas persoas de fóra de Galicia e sen competencias lingüísticas no idioma galego.
  • As composicións deben ser orixinais, inéditas e non premiadas noutras edicións deste certame ou de calquera outro certame de carácter literario.

Remuneración / Custo:

A cada un dos gañadores/as (un por categoría), ademais de outorgarlles un diploma e agasallo institucional, faráselles entrega dun vale por importe de 100 €, para facer compras en comercios e/ou locais hostaleiros do concello de Laxe.

Páxina web:

www.concellodelaxe.com

Contacto:

Concello de Laxe.

Avda. Cesáreo Pondal, 26  (15117 - Laxe, A Coruña)

Tel: 981 706 971

correo-e: cultura@concellodelaxe.com

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión