Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XXXV Premio Novos Compositores 2024 Fundación SGAE - CNDM

A Fundación SGAE e o Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) convocan a 35ª edición do Premio Novos Compositores Fundación SGAE-CNDM 2024.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 06/09/2024

Requisitos:

  • Poderán concorrer todos os compositores e compositoras en calquera país do mundo con obras de autoría única de calquera linguaxe ou tendencia estética dentro da música contemporánea, sempre que sexan menores de 35 anos ao peche da convocatoria e sexan socios/as de SGAE.
  • As obras deberán ser necesariamente inéditas, cunha duración entre sete e doce minutos, e axustarse a un persoal instrumental (conformada por un mínimo de cinco intérpretes e un máximo de seis) que pode consultarse nas bases. Cada concursante só poderá presentar unha única obra.
  • As partituras serán presentadas incluíndo o título orixinal da obra e un lema (que deberá ser diferente do título da obra) e non indicarán o nome do autor en ningunha das súas páxinas. As partituras deberán ser remitidas por email á dirección de correo electrónico mnietot@fundacionsgae.org, acompañadas da documentación estipulada nas bases.

Remuneración / Custo:

O xurado seleccionará obras finalistas que optarán a galardóns valorados en 11.700 euros, repartidos como segue:

  • Primeiro Premio Xavier Montsalvatge (6.000 euros e diploma)
  • Segundo Premio Carmelo Alonso Bernaola (3.000 euros e diploma)
  • Terceiro Premio Francisco Guerreiro Marín (1.500 euros e diploma)
  • Mención Honorífica Juan Crisóstomo Arriaga (1.200 euros e diploma)

Ademais, para contribuír á posterior promoción e difusión das obras gañadoras, a Fundación SGAE producirá un disco promocional coa gravación en directo das interpretacións no concerto final.

A estes catro galardoes súmase o Premio Especial JM España, que outorgará Mocidades Musicais de España. Deste xeito, o gañador do Primeiro Premio desta edición converterase en Compositor Residente da Rede de Músicas de JM España durante a tempada 2025-2026.

Páxina web:

https://fundacionsgae.org/

Contacto:

Fundación SGAE - Departamento de Música

mnietot@fundacionsgae.org

informacion@fundacionsgae.org

Documentos:

Basees concurso (6 MB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión