Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

That's English! Cursos de preparación das probas de certificación de inglés

A Consellería de Educación lanza un ano máis o programa That's English! para a preparación dos exames de certificación de inglés dos niveis B2 e C1 na modalidade a distancia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Número de prazas:

30 prazas por nivel

Prezo:

O curso de preparación de probas ten un custo de 150 € que se abonará exclusivamente por TPV virtual.

Requisitos:

  • Para acceder a estas ensinanzas é requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano en que se inicien os estudos. Así mesmo, poderán acceder as persoas maiores de catorce anos, se o idioma inglés non é a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria.
  • Para matricularse nestes cursos non é necesario estar en posesión dun certificado do nivel inferior.
  • A inscrición realizarase por vía telemática a través da seguinte ligazón: https://examprep.thatsenglish.com 

Páxina web:

https://examprep.thatsenglish.com/

Contacto:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Rúa Educación, 1 15011 A Coruña

Telf (That's English): 981 26 89 30

eoi.acoruna@thatsenglish.com

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/node/500

Documentos:

Instruccións curso 2024/2025 (198 KB)

Datas:

  • Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o 23 de setembro e rematarán o 20 de decembro de 2024. O prazo de inscrición abranguerá dende o 9 ao 20 de setembro de 2024.
  • Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o 24 de febreiro e rematarán o 23 de maio de 2025. O prazo de inscrición abranguerá dende o 8 de xaneiro ao 21 de febreiro de 2025.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión