Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
That's English! Cursos de preparación das probas de certificación de inglés
A Consellería de Educación lanza un ano máis o programa That's English! para a preparación dos exames de certificación de inglés dos niveis B2 e C1 na modalidade a distancia.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Número de prazas:
30 prazas por nivel
Prezo:
O curso de preparación de probas ten un custo de 150 € que se abonará exclusivamente por TPV virtual.
Requisitos:
Para acceder a estas ensinanzas é requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano en que se inicien os estudos. Así mesmo, poderán acceder as persoas maiores de catorce anos, se o idioma inglés non é a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria.
Para matricularse nestes cursos non é necesario estar en posesión dun certificado do nivel inferior.
Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o 23 de setembro e rematarán o 20 de decembro de 2024. O prazo de inscrición abranguerá dende o 9 ao 20 de setembro de 2024.
Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o 24 de febreiro e rematarán o 23 de maio de 2025. O prazo de inscrición abranguerá dende o 8 de xaneiro ao 21 de febreiro de 2025.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible