Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

22 resultados

  • Curso de teatro en "Teatro del Andamio"

    Cando:

    Dende o 22/07/2024 ata o 27/07/2024

    A Compañía Teatro del Andamio da Coruña, vai organizar un curso de teatro de iniciación para persoas adultas.

  • CyberSkills 2024. Formación en ciberseguridade para persoas en situación de desemprego II

    Cando:

    Dende o 30/09/2024 ata o 30/01/2025

    Inscricións:

    Ata o 03/07/2024

    Programa organizado pola Fundación Universia para a concesión de prazas gratuítas en cursos a persoas que se atopen en situación de demandante de emprego, que lles permitirán mellorar as súas competencias en ciberseguridade co fin de aumentar a súa empregabilidade no mercado laboral.

  • Cursos Aula CeMIT - Xullo

    Cando:

    Dende o 01/07/2024 ata o 31/07/2024

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de xullo na aula CeMIT Eirís.

  • Programa de Bolsas Google Fundae

    Formación gratuíta para obter os certificados profesionais de Google: IA, Soporte de tecnoloxías de información, Análise de datos, Xestión de proxectos, IT automation with Python, Márketing dixital e comercio electrónico e Ciberseguridade.

  • Propulsa o teu negocio!

    Aje Coruña, en colaboración co Concello da Coruña, presenta o Programa Propulsa!. O Programa Propulsa 2024  é unha proposta destinada a apoiar e fomentar o emprendemento e o tecido empresarial da cidade. Mediante un enfoque integral que inclúe formación, networking e mentoría personalizada, o programa busca proporcionar aos participantes as ferramentas e os apoios necesarios para levar os seus proxectos ao seguinte nivel e aproveitar ao máximo as oportunidades do mercado actual.

  • That's English! 2024-2025

    Cando:

    de outubro de 2024 a maio de 2025.

    Inscricións:

    • Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24.

    • Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.

    That's English! es el programa a distancia oficial de inglés del Ministerio de Educación y Formación Profesional y Deportes que abarca desde el nivel Básico A2 hasta el Avanzado C1. La EOI de A Coruña es centro de apoyo tutorial de este programa, ofreciendo la posibilidad de asistir a las tutorías y realizar los exámenes en el centro.

  • Iniciación ao Cinema. Obradoiro de Cinema Xuvenil

    Inscricións:

    ata cubrir prazas.

    Obradoiro de Cinema Xuvenil, para persoas de entre 12 e 18 anos, que terán lugar na sede da Agrupación Musical Albéniz da Coruña.

  • Comunicación en lingua castelá N2

    Cando:

    Dende o 02/07/2024 ata o 02/08/2024

    Inscricións:

    Inscrición aberta até esgotar prazas o comezo do curso.

    Nt:for organiza este curso dirixido a persoas demandantes de emprego.

  • Cursos de Natación de Riazor - Verán 2024

    Cando:

    xullo e setembro de 2024

    O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Deportes, abre o prazo de inscrición para a oferta de prazas nas actividades acuáticas da Piscina Municipal de Riazor correspondente ao período xullo e setembro de 2024: cursiños de natación de libre participación e cursiños específicos de recuperación funcional e prenatal.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 01/06/2024 ata o 30/06/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de xuño de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

resultados 22

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión