Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca as probas para o exame de xestor de transportes para exercer a actividade de transporte público por estrada, xa sexa como traballador/a autónomo/a ou a través dunha sociedade.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Requisitos:
Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación no momento de presentar a solicitude:
Título de bacharel ou equivalente.
Título de técnico, acreditativo de superar as ensinanzas dunha formación profesional de grao medio, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
Título de técnico superior, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao superior, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
Calquera título acreditativo de superar unhas ensinanzas universitarias de grao ou posgrao.
Ter residencia habitual en Galicia. Para tal efecto, entenderase por residencia habitual en Galicia cando conste o seu domicilio en Galicia no momento de presentar a solicitude e, cando menos, durante 185 días naturais no último ano, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios. Só se admitirá que o domicilio non conste en Galicia, para os efectos da realización do exame, cando a persoa aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigada por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co código IF312A
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible