Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

13.518 prazas de acceso libre en Corpos da Administración Xeral do Estado

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública convoca procesos selectivos para o ingreso en Corpos da Administración Xeral do Estado. As prazas de acceso libre cubriranse polo sistema de oposición.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/08/2024

Requisitos:

  • Corpo Xeral Auxiliar da Administración do Estado: título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalentes.
  • Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado: título de Bacharelato, Técnico ou equivalentes.
  • Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática da Administración do Estado: título de Bacharelato, Técnico ou equivalente.
  • Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado: título de Diplomatura Universitaria, Enxeñaría Técnica, Arquitectura Técnica ou Grao. Considerarase equivalente á Diplomatura Universitaria o superar tres cursos completos de Licenciatura.
  • Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado: título de Diplomatura Universitaria, Enxeñaría Técnica, Arquitectura Técnica ou Grao. Considerarase equivalente á Diplomatura Universitaria o superar tres cursos completos de Licenciatura.
  • As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento poderán participar polo sistema de acceso xeral ou ben pola cota de reserva de persoas con discapacidade, debendo indicalo no formulario de solicitude de participación no proceso selectivo.

Páxina web:

https://sede.inap.gob.es/

Contacto:

Instituto Nacional de Administración Pública - INAP

Rúa Atocha, 106. 28012 Madrid

Teléfono: 91 273 91 00

Teléfono de información da Administración Xeral do Estado 060.

Publicación: BOE 10/07/2024

Corpos e prazas de ingreso libre convocadas:

Corpo/Escala Total prazas Sistema Xeral Reserva persoas con discapacidade
Corpo Xeral Auxiliar da Administración do Estado 2.450 2.259 191
Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado 5.440 5.080 360
Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática da Administración do Estado 1.879 1.712 167
Corpo Xestión da Administración Civil do Estado 2.754 2.549 205
Corpo Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado 995 937 58

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión