Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar - Concello de Dodro

Proceso de selección por concurso-oposición, de persoal para formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda a domicilio, en réxime duración determinada.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 17/07/2024

Requisitos:

Estar en posesión, ou en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias, dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes:

  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, equivalente ou superior;
  • Técnico/a de atención sociosanitaria;
  • Técnico/a Superior en Integración Social;
  • Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio;
  • Ter solicitado algún dos dous anteriores certificados de profesionalidade e cumprir os requisitos para obtelo. · Calquera outra habilitación prevista no acordo de 19 de outubro de 2017, polo que se modifica parcialmente o Acordo do Consello territorial do Sistema para a Autonomía e atención a Dependencia de 27 de novembro de 2008, sobre os criterios comúns de acreditación para garantir a calidade dos centros e servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, modificado polo Acordo de 7 de outubro de 2015. (Resolución de 2 de decembro de 2008, da Secretaria de Estado de Política Social, Familias e Atención á Dependencia e á Discapacidade e Resolución de 3 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade).
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega, Celga 1. De non acreditarse o coñecemento do galego por esta vía, realizarase unha proba de galego que determinará o tribunal cualificador, esta proba terá carácter obrigatorio e eliminatorio. 
  • Estar en posesión do/s permiso/s/licencias de condución B, así como de medio de transporte que posibiliten os desprazamentos para a realización das funcións de auxiliar de axuda a domicilio (achegarase declaración responsable respecto do medio de transporte).
  • Certificado de delitos de natureza sexual.

Contacto:

Concello de Dodro

Tallós, 3215981 Dodro - A Coruña

Tlf: 981 802 062

info@dodro.gal

Publicación: BOP 10/07/2024

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión