Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres operarios de motobomba - Concello de Carballo
Provisión, con carácter temporal de: 1 praza de Xefe de Brigada / 1 praza de Peón Condutor / 3 prazas de Peóns de Brigada / 3 prazas de Operario de Motobomba.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 17/07/2024
Requisitos:
Titulación. Estar en posesión, ou en condicións de obtelo, antes da finalización do prazo de presentación de instancia dalgunha das seguintes titulacións:
Para a praza de Xefe de Brigada: Enxeñería de Montes, Enxeñería Técnico Forestal, Técnico/a Superior en Xestión Forestal e do medio natural, Técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural, Técnico/a en emerxencias e protección civil ou Formación profesional equivalente.
Para a praza de peón condutor, estar en posesión do titulo de graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente.
Para as prazas de peón de brigada e operario de motobomba: certificado de escolaridade ou equivalente ou outros superiores.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán aportar documento que acredite a súa homologación.
Carné de conducir. Para o acceso ás prazas de Xefe de Brigada e de Peón Condutor é preciso estar en posesión de carné de conducir tipo B; e para as prazas de Operario de motobomba é preciso estar en posesión de carné de conducir clase C, comprometéndose a mantelo vixente mentres dure esta contratación.
Galego. Estar en posesión do CELGA 2, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes da finalización do prazo de presentación de instancias respecto daquelas persoas aspirantes que opten a categoría de peón de brigada, peón condutor e de operario de motobomba e do CELGA 3 ou equivalente para aquelas persoas aspirantes que opten a categoría de xefe de brigada.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible