Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres operarios de motobomba - Concello de Carballo

Provisión, con carácter temporal de: 1 praza de Xefe de Brigada / 1 praza de Peón Condutor / 3 prazas de Peóns de Brigada / 3 prazas de Operario de Motobomba.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 17/07/2024

Requisitos:

  • Titulación. Estar en posesión, ou en condicións de obtelo, antes da finalización do prazo de presentación de instancia dalgunha das seguintes titulacións:
    • Para a praza de Xefe de Brigada: Enxeñería de Montes, Enxeñería Técnico Forestal, Técnico/a Superior en Xestión Forestal e do medio natural, Técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural, Técnico/a en emerxencias e protección civil ou Formación profesional equivalente.
    • Para a praza de peón condutor, estar en posesión do titulo de graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente.
    • Para as prazas de peón de brigada e operario de motobomba: certificado de escolaridade ou equivalente ou outros superiores.
  • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán aportar documento que acredite a súa homologación.
  • Carné de conducir. Para o acceso ás prazas de Xefe de Brigada e de Peón Condutor é preciso estar en posesión de carné de conducir tipo B; e para as prazas de Operario de motobomba é preciso estar en posesión de carné de conducir clase C, comprometéndose a mantelo vixente mentres dure esta contratación.
  • Galego. Estar en posesión do CELGA 2, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes da finalización do prazo de presentación de instancias respecto daquelas persoas aspirantes que opten a categoría de peón de brigada, peón condutor e de operario de motobomba e do CELGA 3 ou equivalente para aquelas persoas aspirantes que opten a categoría de xefe de brigada.

Páxina web:

http://www.carballo.gal

Contacto:

Concello de Carballo

Praza do Concello S/N

Teléfono 981 704 100

infocarballo@carballo.gal

Publicación:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión