Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.
O prazo de solicitude de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos adoita ser do 1 ao 20 de marzo. O alumnado admitido matricularase no centro educativo correspondente do 25 de xuño ao 10 de xullo.
Non.
Dependendo dos estudos previos que realizara a persoa interesada, poden cursarse en dous ou nun curso escolar.
Cada título de Formación Profesional é un ciclo formativo e non un módulo.
O módulo profesional é soamente unha parte do ciclo formativo. É o equivalente a unha materia en outro tipo de estudos.
Para obter un título de Formación Profesional é necesario superar todos os módulos do ciclo formativo.
O prazo de solicitude de admisión para os ciclos formativos da FP adoita ser a última semana do mes de xuño.
O réxime ordinario está organizado en cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo.A asistencia ás clases é obrigatoria.O alumnado que estea en condicións de pasar ao segundo curso ou teña que repetir o curso deberá realizar unha solicitude de admisión. Terá a praza garantida sempre que o curse no ano seguinte e por primeira vez no mesmo centro e ciclo.
O réxime para persoas adultas (maiores de 18) está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.Para a obtención do título será preciso superar todos os módulos do ciclo formativo.Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.
Na modalidade presencial, a xornada lectiva desenvólvese en quenda de tarde-noite. A asistencia ás clases é obrigatoria.
Na modalidade semipresencial-distancia, a asistencia a titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor ou titora do curso.
A FP dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia combinando a formación do alumnado no centro educativo coa súa formación e a súa actividade na empresa.
O alumnado pode ter a condición de bolseira/o ou ser contratada/o pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe.
O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo.
A cualificación da parte obrigatoria, non caduca, ten validez indefinida.
As cualificacións da parte voluntaria terán validez, sempre que se aprobe a parte obrigatoria, para 2 cursos, é dicir, para o que obtiveches as cualificacións e para o seguinte.
Si.
A persoa que dispoña dun título de técnica/o superior de formación profesional, ou dun título de técnica/o superior de artes plásticas e deseño, ou dun título de técnica/o deportivo superior, poderá acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.
A nota de admisión será a media do ciclo superior.
Nota de admisión= NMC (nota media do ciclo)
Si.
Poderás mellorar a nota realizando a parte voluntaria da ABAU.
A nota de admisión calcularase mediante a seguinte fórmula:
NMC: nota media do ciclo superior.
M1 e M2: as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas na parte voluntaria que proporcionen mellor nota de admisión.
a e b: parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. Podes consultalos na páxina web da CiUG.
Si.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional ofrece bolsas e axudas para diferentes niveis de ensino. As principais son:
a) Bolsas xerais para estudos postobrigatorios non universitarios, para as persoas matriculadas en:
b) Bolsas xerais para estudos postobrigatorios universitarios, para as matriculadas en:
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible