Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Son enfermidades infecciosas que se transmiten ou contaxian nas relacións sexuais. Unhas son graves, como o V.I.H. (SIDA), e outras chegarán a selo se non se consulta canto antes, como a sífilis ou o V.P.H. (Virus do Papiloma Humano). Tómachas en serio e toma precaucións (usa o preservativo). Esquéceche do "a min non me pode pasar", porque unha soa práctica de risco é suficiente para o contaxio.

As ETS máis importantes:

  • VIH-SIDA
  • GONOCOCCIA Ou GONORREA
  • SÍFILIS
  • INFECCIÓN POR CLAMIDIA
  • VPH-CONDILOMAS
  • HERPES XENITAL
  • TRICOMONIASIS
  • HEPATITE B

Outras enfermidades non catalogadas como E.T.S. e que poden ter orixe sexual:

  • Virasis, como o Moluscum Contagiosum, Moluscum Pendulum e o Herpes simple.
  • Parasitosis que poden contaxiarse por contacto ou por roupa, como ladillas ou sarna.
  • Micosis, como vulvo-vaginitis, balano-postitis ou tingas.

É importante coñecer os primeiros síntomas destas enfermidades para poder acudir ao médico inmediatamente.

Volver a menú

Ante que síntomas debo consultar?

Algúns síntomas das ETS son bastante comúns e iso, ás veces, é desconcertante. En xeral, sempre que notes algo diferente nos teus xenitais, ou cando notes que algo vai mal, igual que farías con calquera outro problema médico. E, dende logo, debes ir ao médico ante calquera destes síntomas, bastante rechamantes:

  • Secreción polo pene.
  • Cambio no fluxo vaxinal: máis escuro, espeso, mal olor...
  • Sangue nos ouriños.
  • Picores ou dores na zona xenital.
  • Escozor ao ouriñar.
  • Aparición de vultos, verrugas, chagas, feridas, etc.

Volver a menú

Que fago se noto algo raro?

  • Busca atención médica inmediatamente, que non che dea corte. Pensa que é unha enfermidade máis.
  • Non manteñas relacións sexuais ata que non descartases que tes unha ETS.
  • Unha vez que te vise un médico, empeza o tratamento canto antes e sígueo ao pé da letra.
  • Non te automediques.
  • Aínda que che dea corte, coméntallelo ás túas parellas sexuais. Pode que as contaxiases.

Volver a menú

A quen podo acudir?

Aos centros de atención primaria, e aos centros de orientación ou planificación familiar.

Pero, sobre todo, lembra que máis vale previr que curar... ou lamentar. Por iso, emprega sempre preservativo nas situacións en que haxa risco de infección. E ten en conta que, salvo nas relacións con fidelidade mutua na que ningún dos membros padece unha ETS, en todos os demais casos pode haber risco (aínda que uns máis graves e evidentes que outros). Así que, cóidate! O preservativo (masculino ou feminino) é un método eficaz para previr as ETS. E no caso de que che diagnosticasen unha ETS, avisa á túa parella ou parellas sexuais e recoméndalles que vaian ao médico.

Volver a menú

  • Está causada por unha bacteria, o gonococo, que vive nas zonas máis cálidas e húmidas do organismo, principalmente na uretra e no colo do útero.
  • Os síntomas non sempre aparecen e cando o fan, xa pasaron días ou mesmo semanas dende que se realizou a práctica sexual coa persoa infectada.
    • No home maniféstase como unha infección dolorosa na uretra, con secreción purulenta.
    • Na muller, aínda que é frecuente que non aparezan síntomas, a infección aparecerá aos 10 días do contacto, e pode provocar aumento no fluxo vaxinal e tamén proído ao ouriñar.
  • Transmítese por contacto sexual, sexa vaxinal, anal ou oral. Non se contaxia polo uso de servizos públicos, toallas, etc.
  • Para previla, hai que evitar o contacto sexual vaxinal, anal ou oral ata que a persoa estea curada.
  • O tratamento realízase con antibióticos, e é necesario un seguimento posterior para asegurarse de que a enfermidade desapareceu totalmente. Pode traer varias complicacións tanto no home (prostatite, afectación das vesículas seminais, etc.) como na muller (enfermidade inflamatoria pélvica, bartolinite, etc.) e esterilidade en ambos.
  • É unha infección causada por unha bacteria, chamada Treponema pallidum.
  • A enfermidade pasa por varias fases:
    • Hai un período de incubación de 9 a 90 días. Primeiro aparece unha úlcera avermellada con bordos endurecidos que se sitúa nos xenitais e ás veces na boca ou ou ano (chancro). Ou chancro non é doloroso e desaparece nun tempo (cúrase ás 4-6 semanas); pero isto non significa que a enfermidade estea curada, polo que segue progresando se non trátase.
    • Se non hai tratamento na fase anterior, ás 6-8 semanas aparecen erupcións ou manchas na pel e síntomas gripais. Lestes síntomas tamén poden desaparecer ao cabo dun tempo; de novo, isto non significa a curación dá enfermidade.
    • A última fase, que se dá nos pacientes non tratados nas fases anteriores, podar aparecer de 2 a 10 anos despois do inicio dá enfermidade e podar non manifestarse a través de síntomas; con todo, neste estadio a enfermidade ataca a diversos órganos do corpo: sistema nervioso, ósos e articulacións, corazón...
  • Transmitir por contacto sexual (oral, anal ou vaxinal) ou dá nai ao feto durante ou embarazo.
  • A prevención pasa por non manter actividade sexual con persoas non curadas.
  • Ou tratamento realizar con antibióticos. É necesario realizar logo un seguimento para asegurar a completa curación. Esta enfermidade ten fácil curación tratar a tempo.
  • Cáusao un virus (o virus do herpes simple). Hai dous tipos: o tipo 1, que afecta á parte superior do corpo, producindo chagas arredor da boca ou do nariz; e o tipo 2, que produce chagas nos xenitais. O virus do herpes xenital sitúase nos centros nerviosos da base da columna vertebral e vive alí para sempre. Os portadores sofren brotes esporádicos: hai quen só sofre uns poucos despois do inicial (que adoita ser o máis grave) e hai quen os sofre a miúdo. A fatiga e o estrés, entre outros factores, poden provocar brotes.
  • Os síntomas son a aparición de chagas ou vesículas na vulva, vaxina ou glande. Estas chagas causan dor e picores arredor dos xenitais, febre e síntomas parecidos aos da gripe. Esas bochas sécanse entre os 7 e os 14 días. Os síntomas poden aparecer ata varios meses despois do contacto.
  • Transmítese por contacto sexual con alguén que teña herpes nos seus xenitais ou na boca.
  • A prevención pasa por non manter contacto sexual cunha persoa infectada. É recomendable o uso de preservativo con espermicida , porque existe risco de contaxio mesmo entre dous brotes, cando as chagas non son visibles.
  • O tratamento é problemático, porque non se descubriu ningún totalmente efectivo, pero hai medicamentos que poden mellorar os síntomas. É imprescindible consultar cun médico, e manter unha boa hixiene da zona afectada para que as chagas non se infecten.
  • Cáusaa unha bacteria, a Chlamydia trachomatis, que afecta á uretra nos homes e á vaxina e o colo do útero na muller.
  • Os síntomas varían en función do lugar onde se sitúe a infección. Nos homes, cando a infección se sitúa na uretra, os síntomas adoitan ser parecidos aos da gonorrea: secreción do pene, frecuentes ganas de ouriñar e ás veces dor ou irritación ao ouriñar. Nas mulleres é frecuente que non aparezan síntomas, pero pode producir aumento do fluxo vaxinal ou cambios nel (distinta cor ou espesor). Por esta falta de síntomas é difícil de detectar. Se non se trata pode evolucionar e estenderse aos xenitais internos, e causar serios danos no tracto urinario e nos órganos reprodutores, ata causar a enfermidade inflamatoria pélvica nas mulleres e, ás veces, esterilidade.
  • Transmítese por contacto sexual (vaxinal, oral ou anal) e, en ocasións, por contacto cutáneo.
  • O uso de preservativo (masculino ou feminino) con espermicida no sexo vaxinal, oral ou anal reduce o risco de contaxio.
  • O tratamento é con antibióticos e, se se descobre a tempo, esta enfermidade é moi fácil de curar. Aínda que non noten síntomas, os dous membros da parella deben seguir o tratamento.
  • É unha ETS producida por virus da familia dos papilomas, os virus das verrugas. Hai case 50 de transmisión sexual: a maioría producen os condilomas, pero hai varios cancerígenos, son os causantes do cancro de pescozo de útero, e doutros cancros xenitais máis raros. Os papilomas cancerígenos só se contaxian polo contacto directo entre xenitais, non coas mans, etc.
  • O seu síntoma máis típico son unhas lesións verrugosas nos xenitais (condilomas) que aparecen entre un e tres meses despois do contaxio. Adoitan ser indoloras, aínda que pican.
  • É moi contaxiosa, e transmítese mediante contacto cutáneo (de mans a xenitais) ou por sexo anal ou vaginal con alguén que teña condilomas ou o virus.
  • O uso de métodos de barreira axuda a reducir o risco, pero como se transmiten polo contacto, aínda así se poden contaxiar.
  • O tratamento está orientado a eliminar as verrugas, xa que non existe terapia eficaz para eliminar o virus. Adoita consistir na aplicación dun preparado especial, e as verrugas máis grandes poden extirparse, ou eliminarse mediante crioterapia (conxelación) ou láser. A muller que os padecera ten que manter un seguimento médico, xa que o V.P.H. considérase a causa principal de cancro do colo do útero. A citología é un modo seguro de detectar o cancro de útero, que é máis fácil de tratar e curar nas súas primeiras fases. Toda muller ten que facerse unha citología regularmente, cada tres anos. As que teñan este virus deberán facerlla cada 6 meses. O home tamén ten que tratarse, e debe usar preservativo ata que desaparezan as verrugas.
  • As infeccións por fungos ou micose son as infeccións xenitais máis frecuentes na muller. Adóitaas producir o fungo chamado Candida albicans. Este fungo atópase normalmente na vaxina, pero "controlado". Cando as defensas naturais da vaxina se alteran (por exemplo, pode influír a toma de antibióticos, unha baixada de defensas, cambios hormonais, etc.) os fungos reprodúcense en exceso e dan lugar a síntomas.
  • Os síntomas máis habituais son: aumento do fluxo vaxinal, que se fai branco e espeso e ole mal, e picores. Nos homes é menos habitual e produce síntomas con menos frecuencia.
  • Pódese transmitir por vía sexual, pero tamén por outros medios, como o uso compartido de toallas, roupa interior e de baño. Polo tanto, non é propiamente unha enfermidade de transmisión sexual.
  • O tratamento sempre hai que aplicalo aos dous membros da parella; ao home, só se ten síntomas. Trátase con doses únicas de antifúnxicos orais.
  • Prodúcea un protozoo, o Trichomona vaginalis. É unha infección xenital frecuente, sobre todo na muller. Localízase na uretra, nos homes, e na vagina, nas mulleres.
  • En moitos casos non hai síntomas. De habelos, os máis frecuentes son, nas mulleres, fluxo amarelado e con mal cheiro e escozor ao ouriñar. Nos homes non adoita producir síntomas, aínda que pode darse algo de picor ou unha inflamación no glande despois do coito.
  • A principal forma de transmisión é a sexual, pero hai outras posibilidades: polo uso compartido de roupa interior sucia ou toallas usadas por alguén infectado.
  • O tratamento é con bactericidas, e é curto e sinxelo. Todas as parellas sexuais da persoa infectada teñen que tratarse para evitar que a infección siga propagándose, aínda que non notasen síntomas.
  • Prodúcea un ácaro.
  • Os síntomas adoitan ser picores nos xenitais, entre os dedos, nas axilas, etc.
  • Pódese transmitir por contacto físico directo, pero tamén a través da roupa, sabas ou toallas compartidas.
  • O tratamento é moi sinxelo, e téñeno que facer todas as persoas que viven na mesma casa que o afectado, e todas as súas parellas sexuais. Tamén hai que desinfectar a roupa.
  • É unha infección producida por un tipo de piollo que vive na lanuxe da pube, onde poñen os seus ovos.
  • O principal síntoma é o picor.
  • Pódese transmitir por contacto físico directo, ou mediante a roupa, as sabas e as toallas compartidas.
  • O tratamento é sinxelo e eficaz, e débeno facer todas as parellas sexuais. Tamén é conveniente desinfectar a roupa.

A Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) é unha enfermidade infecciosa producida por un virus chamado VIH (virus de inmunodeficiencia humana). A enfermidade en si é grave, sobre todo porque non existe aínda un tratamento que a cure, nin tampouco unha vacina que a preveña. Pero si que se sabe como se transmite, e polo tanto pódese evitar o seu contaxio.

A enfermidade caracterízase pola deterioración do sistema defensivo natural do organismo, dando lugar á aparición de infeccións e enfermidades, coñecidas no seu conxunto como SIDA. Cando alguén se infecta polo VIH, non padece inmediatamente a SIDA. Poden pasar incluso varios anos. A persoa infectada, portadora do virus (seropositiva), pode non ter síntomas durante bastante tempo; e cando os ten, moitas veces non se distinguen doutras enfermidades comúns. Pero durante ese tempo en que non desenvolve a enfermidade si que pode transmitila a outras persoas.

As vías de transmisión da SIDA son: o sangue, o seme e o fluxo vaxinal.

Cales son as principais vías de transmisión?

SEXUAL

Relacións sexuais con persoas infectadas. As prácticas sexuais con maior risco son o coito anal ou vaxinal sen preservativo e o sexo oral sen protección.

SANGUÍNEA

  • Compartir agullas e xiringas contaminadas, sobre todo en persoas que usan drogas inxectables.
  • Compartir outros elementos cortantes ou punzantes se non se desinfectan adecuadamente antes de cada uso (agullas de acupuntura ou de tatuaxe, coitelas de afeitar, utensilios de manicura, de depilación eléctrica ou de perforación das orellas, instrumental cirúrxico, de podoloxía e odontoloxía...)
  • Compartir obxectos de uso persoal que poidan estar en contacto con sangue, como os cepillos de dentes.

NAI-FILLO

Da nai infectada ao feto durante o embarazo, parto ou lactación.

A SIDA non se transmite por...

  • Contactos cotiáns: darse a man, acariñarse, compartir cubertos, ducha, lugar de traballo, etc.
  • Picaduras de mosquitos.
  • Os animais domésticos.
  • Outros líquidos orgánicos, como saliva, ouriños ou bágoas.

O risco de transmisión a través de transfusións de sangue, hemoderivados ou transplantes de órganos é case inexistente, xa que existen controis sanitarios rigorosos deles.

Como se sabe se unha persoa está infectada?

A infección só se pode producir cando se realizaron prácticas de risco cunha persoa afectada. O problema é que non sempre é fácil saber se alguén está infectado ou non... A propia persoa infectada pode non saber que o está, porque a enfermidade, ao principio, non produce síntomas, e os primeiros non son moi característicos e pódense confundir con outras doenzas. Por iso, a única forma de saber con seguridade se se produciu a infección é mediante unha análise de sangue.

E lembra que o V.I.H. pode afectar a calquera persoa que non tome precaucións á hora de evitar a transmisión. Non é cousa dun colectivo concreto (os homosexuais, os drogadictos, os promiscuos, como se di ás veces). A sida pode afectar a calquera persoa, sen distinción de raza, orientación sexual ou número de relacións sexuais que se manteñan. Un só contacto de risco pode bastar para o contaxio.

Que facer se se realizou unha práctica de risco?

É importante que saias de dúbidas canto antes: darache tranquilidade e permitirache avisar ás túas parellas sexuais pasadas, para que elas tamén poidan facer a proba; e ás túas futuras parellas, para evitar novos contaxios.

Podes saber se te infectaches ou non mediante unha sinxela análise de sangue que detecta os anticorpos contra o VIH.

A proba realízase de forma confidencial, voluntaria e gratuíta nos centros de atención primaria, centros de planificación familiar e nos centros de enfermidades de transmisión sexual.

Para poder realizar a proba teñen que pasar polo menos 3 meses dende que tiveches a última práctica de risco. Só así os resultados son fiables. Isto é así porque a análise que detecta a infección polo VIH determina a existencia de anticorpos específicos do VIH, e o organismo adoita tardar 3 meses en producir estes anticorpos. Estes 3 meses entre o momento da posible adquisición do virus e a análise denominouse "período ventá". Se alguén fai a análise do VIH sen deixar pasar ese tempo, podería obter o que se chama un "falso negativo": o corpo aínda non creou os anticorpos ao VIH, pero o virus está presente. Para que o resultado sexa verdadeiramente concluínte hai que facer a proba pasados estes 3 meses.

Canto antes detectes a enfermidade, antes podes tomar medidas preventivas para evitar novos contaxios, e poderás comezar un tratamento que mellorará moito a túa calidade de vida futura.

E, sobre todo, lembra que hai medidas de prevención

Utiliza sempre preservativo (masculino ou feminino) nas relacións sexuais cunha persoa infectada, ou con parellas descoñecidas. Utilízao durante toda a relación, e retírao antes de que termine a erección.

Nunca compartas material de inxección, nin utilices xiringas ou agullas usadas. Todos os instrumentos que poidan estar en contacto co sangue deben ser dun só uso ou desinfectarse antes de volver utilizarse. Ollo coas tatuaxes e os piercing! Deben realizarse con material dun só uso ou esterilizado.

Unha muller portadora do VIH embarazada debe recibir atención sanitaria regular dende o principio do embarazo, seguir tratamento médico, e evitar a lactación natural, porque o leite materno é unha vía de transmisión do virus.

E, se tes dúbidas, hai profesionais que te poden informar e axudar: á parte dos centros de orientación familiar, e o persoal sanitario, contas con varios teléfonos gratuítos de información sobre SIDA dende calquera punto de España:

  • Oficina de Información de Saúde para a Mocidade: 981 58 39 78 / 981 58 39 00
  • F.A.S.E. (900 111000)
  • Coordinadora Gai-Lesbiana (900 601601)
  • A Junta de Andalucía (900 850100)
  • Programa para a Prevención e a Asistencia da SIDA do Departamento de Sanidade da Generalitat de Catalunya (900 212222)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión