Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas da UVigo para estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional, 2024/2025

A Universidade de Vigo convoca bolsas para o estudantado solicitante ou beneficiario de protección internacional, apátrida ou en situación de protección temporal afectado polo conflito de Ucraína, no curso académico 2024/2025, para a realización de estudos universitarios, preferentemente oficiais, que permitan a súa integración no noso país.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/07/2024

Requisitos:

  • Ter a condición de apátrida, beneficiario/a de protección internacional, ou ter autorización de estadía por atoparse no período transitorio de adquisición da condición, na data de fin de presentación de solicitudes. Así mesmo están incluídas as persoas en situación de protección temporal afectadas polo conflito de Ucraína
  • Manifestar o interese de realizar a preinscrición ou estar preinscrito/a en estudos de grao, de mestrado universitario ou doutoramento ou nunha titulación propia de especialista da Universidade de Vigo no curso 2024/2025. En todo caso para o inicio dos estudos terán que cumprir o correspondente requisito de acceso establecido.
  • Non posuír título en España en estudos do mesmo nivel para os que se solicita a bolsa.
  • Informe sobre a situación socioeconómica da persoa solicitante, emitido pola ONG que xestiona ou xestionou o expediente de protección internacional ou a entrada ao sistema de Acollida e Integración. No caso de non ter unha ONG de referencia pódese achegar un informe socioeconómico da Unidade de Traballo Social do municipio de residencia.
  • No caso de continuar estudos e ter desfrutado desta mesma bolsa con anterioridade, deberá ter superado no curso anterior ou no último realizado na universidade:
    • - 60% dos créditos matriculados nas titulacións de grao da rama de enxeñaría e ciencias.
    • - 70% dos créditos matriculados no resto das titulacións de grao.
    • - 80% dos créditos matriculados nas titulacións de máster universitario que habilita para o exercicio profesional.
    • - 90% dos créditos matriculados no resto das titulacións de máster universitario. 

Remuneración / Custo:

A contía individual máxima da bolsa será de 3.000 € por persoa e inclúe: 

  • a) Os prezos públicos por servizos académicos e administrativos correspondentes á matrícula agás o seguro escolar que, de ser o caso, deberá ser aboado polo/a estudante.
  • b) Unha contía económica máxima de 2.000 € para todo o curso académico en concepto de axuda para gastos derivados da actividade académica. A contía máxima percibirase pola matrícula de curso completo (60 ECTS), diminuíndo proporcionalmente en función dos créditos nos que se realice a matrícula.
  • c) Un curso de galego dos impartidos pola Área de Normalización Lingüística ou castelán no Centro de Linguas da Universidade de Vigo a realizar durante o curso académico 2024/2025.

Páxina web:

https://secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo

Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende (36310 - Vigo)

Tel.: 986 814 094

correo-e: bolsasformación@uvigo.es

Documentos:

Bases convocatoria .pdf (453 KB)

A concesión desta bolsa é incompatible con calquera outra subvención da mesma natureza e para a mesma finalidade.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión