Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas no estranxeiro para estudantes de fotografía das EASD da Fundación MOP

4 bolsas de estudo -unha por cada escola- na Fundación Sozzani de Milán.

A quen vai dirixido?:

Dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/07/2024 ata o 22/07/2024

Requisitos:

Estar matriculado/a no curso 2023/24 no segundo curso do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de artes plásticas e deseño en Fotografía nalgunha das catro escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ter superado integramente o primeiro e o segundo curso do antedito ciclo formativo de grao superior antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Ter presentado durante o prazo de inscrición certificación dun nivel de competencia lingüística B2 ou superior en lingua inglesa. Unicamente serán válidas as certificacións das escolas oficiais de idiomas.

Presentar durante o prazo de inscrición un currículum vitae acompañado de documentación gráfica relativa a un proxecto de fotografía, que poderá ser un proxecto realizado con anterioridade.

Remuneración / Custo:

Incluído: viaxe, aloxamento, programa educativo e manutención entre setembro e decembro deste ano. 

As persoas seleccionadas desenvolverán un proxecto fotográfico baixo a supervisión de titores, tendo posibilidade de acceder a clases maxistrais con fotógrafos relevantes, participar en eventos e actividades da propia fundación, así como asistir ao festival PhotoVoque.

Así mesmo, os bolseiros realizarán unha viaxe académica e cultural a cidades como París ou Roma, desenvolvendo actividades en colaboración con escolas de arte, imaxe e fotografía francesas e italianas.

Páxina web:

xunta-fundacion-mop

Contacto:

Tel: 881 99 76 52

Email:  sxfp@edu.xunta.gal

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión