Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura en voz alta

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Público adulto (+60 anos)

Require inscrición

De outubro a xuño

En qué consiste o club de lectura en voz alta?

Está pensado para persoas maiores (+60 anos). Esta actividade semanal (mércores de 11 a 12 h) consistirá na lectura en voz alta de libros ou parágrafos por parte de todas as persoas participantes, propiciando así o encontro na biblioteca, as ganas de compartir as lecturas propostas pola bibliotecaria coordinadora do club e ir mellorando aos poucos as competencias de lectura.

Como participar

  • En setembro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse anualmente por rigoroso orde de inscrición. 
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas libres. 

Onde e cando?

Lugar

Día da semana Horario Frecuencia Prazas
Biblioteca Municipal Os Rosales Mércores 11 horas Semanal 10

A ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión