As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán o próximo 24 de outubro o Día Internacional da Biblioteca sumándose á iniciativa do Ministerio de Cultura baixo o lema "BiblioTEcuida", que se centra en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por atender as necesidades das súas persoas usuarias.
As Bibliotecas Municipais da Coruña conmemoramos o noso día dándolle visibilidade ao noso traballo, informando do que ofrecemos nas bibliotecas da rede con servizos e actividades que coidan da xente e celebrando o noso día con varias actividades.
Cidadanía e servizos protagonizarán unha efeméride coa que pretendemos visibilizar o imprescindible lugar que ocupan na cotiandade da comunidade, tal e como se desprende dos diversos testemuños que nos fixeron chegar.
Así celebramos o Día da Biblioteca:
Pareparamos unha variedade de actividades para celebrar o noso día contigo. Porque nos gusta coidarte!:
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible