Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ti tes moito conto!

Tipo de actividade:

Programas de colaboración con centros escolares

A quen vai dirixido?:

Educador / Centro escolar

Require inscrición

De outubro a maio. Consulta o calendario

En que consiste Ti tes moito conto!?

A proposta Ti tes moito conto! é unha iniciativa de fomento da lectura que poñemos en marcha no ano 2015, ligada á celebración do Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. Así, a temática sobre a que traballaremos en cada edición será sempre a escollida polo IBBY como tema central cada ano.

Obxectivos

  • fomentar a lectura a través do coñecemento lúdico de contos e historias clásicas ou de tradición popular
  • colaborar e traballar en equipo entre profesionais e alumnado de centros diferentes e de realidades que non son as que viven no barrio

Como se desenvolve?

A través da colaboración da Biblioteca Ágora con dúas entidades da súa contorna, o CEIP Raquel Camacho e a asociación Aspronada.

Metodoloxía

O proceso de traballo de Ti tes moito conto! comeza nunha selección inicial de cinco historias de tradicións culturais diferentes, a partir das cales cinco grupos de traballo recrearán, cada un á súa maneira, eses contos que forman parte do acervo común de narracións populares das diferentes identidades

Cando?

Sempre en datas vinculadas á celebración do Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil: arredor do 2 de abril de cada ano.

Como participar?

Calquera colectivo ou centro de ensino pode participar poñéndose en contacto coa Biblioteca Ágora

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión