Encontros e presentacións, Charlas e debates
Para público en xeral
14/10/2024
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
O luns 14 de outubro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, dentro do proxecto Memoria Emocional do barrio, unha charla de Xosé Alfeirán baixo o título "Un río para un Concello: da Ponte Monelos ao mar".
Xosé Alfeirán é historiador, profesor, comisario de exposicións e xestor cultural. É coautor de varios manuais de Historia para bacharelato e ensino secundario, así como de diversos libros e artigos sobre a historia da Coruña. É colaborador de La Voz de Galicia e de Radio Coruña Cadena Ser.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible