Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Conversa. Imaxinarios sociais e guerras identitarias no marco da cultura da cancelación

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

13/03/2024

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Hashtag:

#AEraDaCancelación

Contacto:

brosales@coruna.es

981 184389

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.

En 2019, a escritora J. K. Rowling viuse envolta nunha desagradable polémica. A autora de Harry Potter foi atacada con virulencia nas redes sociales a propósito dun chío no que apoiaba a unha investigadora despedida do seu traballo por opinar acerca da diferencia entre sexo e xénero e as consecuencias que a autodeterminación de xénero podería ter para os dereitos da muller. Os activistas transxénero acusáronna de ser unha TERF, ou o que é o mesmo, una "feminista radical excluinte". Lonxe de ser algo anecdótico, unha controversia similar deuse no noso país coa aprobación da coñecida como "lei trans", que provocou unha escisión no seo do movemento feminista entre aquelas que a apoiaban e aquelas que pensaban que desprotexía ás mulleres e os dereitos acadados.

Mais estes casos constitúen tan so a punta do iceberg dun fenómeno que ven producíndose dende hai un tempo nas sociedades occidentais e que deu en chamarse a "cultura da cancelación". Tecnicamente, a cancelación consiste no boicot ou retirada de apoio público a toda persoa ou institución que incorra en prácticas ou difunda ideas culturalmente inaceptables. Pero como ideoloxía, a ideoloxía 'woke' como é coñecida en Estados Unidos onde xurdiu, vai máis alá: o seu obxectivo é a deconstrución da herencia cultural occidental, baixo sospeita por considerarse sexista, racista e colonialista. Trátase, polo tanto, dun dos grandes debates sociais do noso tempo e, para reflexionar sobre el, dentro do marco do noso ciclo temático A ERA DA CANCELACIÓN, contamos coa presencia de Ángel Enrique Carretero Pasín, profesor de Antropoloxía Simbólica na USC é autor de máis dun centenar de publicacións entre artigos e libros, como por exemplo 'La religión esférica' (2018) ou 'Las paradojas de la modernidad' (2022), por citar so os máis recentes.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión