Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Encontros para familias: pais e nais, os novos educadores dixitais

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

Para nais e pais interesados no tema

Cando:

19/12/2024

Inscricións:

Dende o 12/12/2024 ata o 19/12/2024

Horario:

de 18.30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

brosales@coruna.gal

Tel.: 981 184 389

Encontros deseñados para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.

Somos máis conscientes ca nunca de que o dixital evoluciona a un ritmo trepidante que obriga a estar actualizado para non quedar atrás. Pero como facemos se esa Educación Dixital non a recibimos nós e non somos nativos dixitais?

Como coidadores dos menores, deber estar preparado antes de que se lancen, dunha forma ou outra, ás redes da tecnoloxía. Santiago Rey, experto universitario no "Seguimento de Delitos Tecnolóxicos" e informático forense, acompañaranos nesta tarefa.

Agardámosvos!

Queres saber ...

  • Encontros para familias

    En que consisten os Encontros para familias?

    Encontros pensados ​​para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.

    Durante as sesións contaremos coa participación de especialistas, que ofrecerán os seus coñecementos e consellos prácticos.

    Beneficios de participar:

    • Encontro de diálogo con outras familias.
    • Espazo de relación e intercambio de experiencias con fillos e fillas.
    • Orientación e asesoramento de especialistas.
    • Materiais e ferramentas prácticas para mellorar as relacións familiares e favorecer o desenvolvemento saudable das nenas, nenos e adolescentes.

    Temas abordados en edicións anteriores

    • Nutrición e hábitos de vida saudables
    • Educación afectivo-sexual
    • Expresión corporal e emocións
    • Comunicación positiva na familia
    • O uso das novas tecnoloxías
    • Temas de interese musical, literario, científico e de ocio familiar.

    Centro de Interese Nais e Pais

    Ademais, convidámosvos a descubrir o centro de interese Nais e Pais , dispoñible en todas as nosas bibliotecas. Este espazo creouse como un valioso recurso de apoio ás familias na atención e na educación. 

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión