Charlas e debates
Para público en xeral
13/03/2019
Xa rematou
Dende o 06/03/2019 ata o 13/03/2019
Require inscrición
19:00 h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
##mullerestecnolóxicas #díadamuller #mullerescientificas #nenasnasciencias #BiblioTECH
981184388
Mulleres e tecnoloxía. Ata o infinito e máis aló!
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, queremos pór unha mirada cara adiante e achegarnos ao campo tecnolóxico no que, cada vez máis, se enche de mulleres pioneiras que van abrindo camiños nas ciencias.
Nesta ocasión teremos a Ana Belén Díaz Parapar, formadora de informática e robótica dende hai 15 anos. Desenvolve tarefas de deseño de actividades nas que, a través da programación, a robótica e o deseño en 3D, trata temas como o "bullying", as adicións, os hábitos saudables e outros intereses dos e das adolescentes e familias.
Contaranos a súa experiencia, as dificultades e retos superados e como ve o futuro das mulleres no campo da tecnoloxía.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible