Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

O retorno da historia: O pasado xa non é o que era. Historia e memoria colectiva

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

30/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Hashtag:

#ORetornoDaHistoria

Contacto:

brosales@coruna.es

981 184389

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.

A principios dos anos 90 do século pasado, en medio do colapso do bloque soviético e o nacemento dunha nova orde mundial, fixo fortuna nos medios de comunicación a tese de Francis Fukuyama sobre 'a fin da Historia', chegando a convertirse nunha frase incluso popular. Con esa expresión, o politólogo norteamericano facía referencia a un suposto triunfo definitivo das democracias occidentais de corte liberal como forma de goberno e vaticinaba a súa expansión, máis ou menos rápida, impulsada pola aceleración da globalización mundial. Porén, a sucesión de conflictos entre autocracias e democracias dende que deu comenzo o século XXI pon en cuestión a validez dese relato e deixa abertas moitas incógnitas de cara ao futuro.

En calquera caso, o que semella incontrovertible é que a Historia non se pode dar por pechada porque sempre volve, e tamén que a mirada histórica segue a ser imprescindible para entender e darlle contexto á realidade dun mundo cada vez máis complexo: para comprender o presente necesitamos coñecer o pasado. Nesta conversa, enmarcada dentro do ciclo temático O RETORNO DA HISTORIA, falaremos destes e de moitos outros temas relacionados con José Mª Cardesín, catedrático de Historia dos Movementos Sociais da UDC, onde imparte docencia de Historia Contemporánea e Historia do Pensamento Político.

Agardámoste!

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión