Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Lectura dixital

É hora de empezar a ler en dixital, podes facelo en liña ou mediante descarga temporal do material, tomándoo en préstamo nalgunha das plataformas de préstamo de sitios web que permiten descargar libros dixitais de forma legal e gratuíta.

Ademais, se non dispós dun lector de libros electrónicos nas bibliotecas temos un servizo de préstamo destes dispositivos, para que poidas probar e valorar se te convence a lectura en dixital.

Plataformas de préstamo de libros electrónicos

As bibliotecas públicas de Galicia e a Biblioteca Provincial facilítannos a todas as persoas con carné de calquera das bibliotecas galegas, o acceso a plataformas para o présamo de libros electrónicos:

Se aínda non tes o carné da biblioteca, solicítao xa, é gratuíto e dárache a chave para acceder a estas plataformas de préstamo dixital.

Sitios web de descarga legal e gratuíta de libros electrónicos

Na internet existen unha gran cantidade de sitios web que permiten a descarga de libros de forma gratuíta, pero ollo, non todos os sitios ofrecen libros de forma legal, aínda que sexa gratuíta. Seleccionamos para ti algúns lugares onde poder descargar libros sen incorrer en ningún delito:

  • Ganso y Pulpo: trátase dun proxecto editorial independente sen ánimo de lucro, que busca reeditar e difundir en ePub textos literarios que resultan de difícil acceso ao potencial lector. Obras descatalogadas, esquecidas ou de mínima difusión, todas de dominio público.

  • E-Lejandría é un portal web para descargar libros gratis de forma legal e sen necesidade de rexistro. A maioría dos autores son clásicos da literatura universal, pero tamén poderás descargar gratis libros de dominio público actuais con licenzas de libre distribución. Todos os seus libros están en dominio público ou publicados baixo licenzas abertas.

  • Loyal Books é unha plataforma de audiolibros e libros electrónicos completamente libres e en dominio público. Podes escoller os libros por idiomas ou se o prefires descargarche a app.

  • Open Culture compilou os mesmos audiolibros ofrecidos noutros lugares en liña, e tenos compilado nunha listaxe para navegar. Aínda que atoparás moitos dos mesmos clásicos ofrecidos noutros lugares.

  • PlanetaLibro é unha biblioteca con máis de 9.000 libros de dominio público para ler no teu teléfono, tablet ou ebook reader. Le libros na nube ou descárgaos gratis e de forma legal. Crea unha biblioteca cos teus títulos favoritos vinculándoa ao teu perfil de Facebook.

  • Internet Arquive trátase posiblemente dun dos maiores arquivos na internet de libros libres, filmes, software, música e sitios web. Esta biblioteca dixital xestionada por unha organización sen ánimo de lucro, conta con case 20.000.000 textos e libros que se poden ler e descargar de forma gratuíta, incluíndo máis dun millón de libros modernos en libre acceso.

  • El Libro Total é unha biblioteca dixital gratuíta con máis de 45.000 títulos entre literatura, imaxes e música, cuxa misión é recuperar o patrimonio cultural da humanidade hispanofalante. Algún deles en edición en audio que se pode escoitar simultaneamente. Tamén dispón de app.

Sitios web de podcast e audiolibros

  • Leemos para ti, é a nosa iniciativa para facilitarche arquivos sonoros con fragmentos de obras, pequenas pílulas literarias para namorarse da lectura.

Os bibliotecarios e bibliotecarias lemos para ti neste programa. Escóitanos!

  • Amplify Podcast Network Podcasts científicos revisados por pares como medio académico.
  • Club de lectura de podcasts: Podcast Brunch Club (PBC) leva o concepto de club de lectura aos podcasts.
  • Descarga Cultura.UNAM: É a plataforma dixital da Universidade Nacional Autónoma de México e ofrece, en formato de audio, poesía, novela, conto, ensaio, crónica etc.), teatro, música, conferencias, charlas e cursos maxistrais, para escoitar en liña ou descargar completamente gratis. A folla de cada audiolibro tamén inclúe unha ligazón ao texto escrito do que se gravou a lectura, o que a converte nunha ferramenta útil tamén para a aprendizaxe de idiomas ao poder combinar audio e texto.
  • Google Podcast: é a nova ferramenta para escoitar e descubrir podcasts. Require descarga desde Google Play.
  • Nosotros te leemos: banco de relatos sonoros elaborado pola Rede de Bibliotecas de Lorca.
  • Librivox: é unha biblioteca dixital en liña de audiolibros creados por persoas voluntarias.
  • Spotify: Spotify ten, ademais de música, podcasts e outros contidos, audiolibros.
  • Ivoox.com: aquí atoparás programas de radio á carta, podcasts, audiolibros, conferencias, monólogos, música, biografías, meditacións, ...

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión