Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Plataforma de préstamo de libros electrónicos: eBibliodaCoruna

eBibliodaCoruña

É a hora de empezar a ler en dixital. Podes facelo en liña ou mediante a descarga temporal do material, ti elixes!

Lembra que por ser socio das Bibliotecas Municipais da Coruña tamén podes acceder á plataforma de préstamo de libros electrónicos eBibliodaCoruña.

Que é eBibliodaCoruña?

Unha plataforma de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Que preciso para darme de alta?

  • Ter cando menos 15 anos
  • Ser usuario de calquera biblioteca municipal
  • Contar dun enderezo electrónico
  • Dispor dun dispositivo de lectura para ler en dixital: ordenador persoal, teléfono móvil, tableta ou lector de libro electrónico.

Darse de alta é moi sinxelo

A través da ligazón de Alta no préstamo electrónico.

Como accedo aos catálogos de libro electrónico?

Ademáis do propio catálogo de eBibliodaCoruña, no catálogo das Bibliotecas Municipais enlazamos os títulos que están dispoñibles nas distintas plataformas de préstamo de libros electrónicos para facilitarche a tarefa de selección.

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión