As Bibliotecas Municipais da Coruña en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia organiza un ciclo de contacontos para nenos e nenas.
"Son Mariña!" é a historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través da pequena Mariña, os mais pequenos/as poden comprender tanto os sentimentos da nena como as cousas que debemos ter en conta cando temos un amiguiño con celiaquía. Un conto que fomenta a inclusión na sociedade de todos os nenos/as con necesidades diferentes, ademais do respecto e a igualdade a través de diferentes personaxes, cancións e xogos.
A través de personaxes interpretados a cativada poderá coñecer a historia de Mariña e os seus amigos. Unha historia que se conta a través de dous narradores, Pandoso, un osiño moi despistado, e o Doutor Neutronio, un científico, os que a través de xogos, cancións e bailes conseguen que os nenos se divirtan e á vez aprendan acerca da enfermidade celíaca, a dieta sen glute, e a importancia dunha alimentación saudable, ademais de adquirir valores como a inclusión, respecto e igualdade.
ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola Enfermidade Celíaca e Dermatite Herpetiforme.
Ofrecen servizos, tanto aos socios coma á sociedade en xeral, sendo algúns deles a información e asesoramento ao celíaco recentemente diagnosticado, orientando acerca de como levar correctamente unha dieta sen glute, publicacións especializadas, ou actividades de difusión, información e concienciación á poboación xeral, entre outros.
Datas e lugar de celebración
Para asistir ao contacontos é necesario inscribirse, as inscricións comezan unha semana antes da data de celebración) e celebrarase nas seguintes datas en diferentes bibliotecas:
Materiais sobre celiaquía nas bibliotecas
Nas bibliotecas podes atopar fondos de divulgación así coma receitas para persoas celíacas e contos e materiais que tratan o tema da celiaquía adaptados a diferentes idades e necesidades.
Proba a buscar no noso catálogo ou pregunta a túa bibliotecaria de cabeceira polos seguintes títulos que tes dispoñibles para levar en préstamo:
Para nenos e nenas:
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible