Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Audiovisuais para entidades

Zona de audivisuais da Biblioteca Sagrada Familia

Zona de audiovisuais da Biblioteca Sagrada Familia

Descubre a nosa colección de títulos de material audiovisual dispoñibles para a túa entidade! Desde música e audiolibros ata documentais, series e películas.

Presentando o carné de entidade, leva en préstamo ata 10 documentos da colección audiovisual durante 30 días, prorrogables por outros 15, aos que poder sumarlle algúns libros e revistas que completen o seleccionado. A que soa marabilloso?

Milleiros de películas, series, documentais e discos de música de balde están ao dispor das necesidades da entidade nas nosas bibliotecas.

Preguntas frecuentes sobre o préstamo de audiovisuais a entidades

Que tipo de audiovisuais atoparemos?

  • Películas: Desde grandes clásicos ata as últimas estreas, en formatos DVD e Blu-ray, para todos os públicos e xéneros.
  • Series: Desde éxitos de televisión ata produccións menos coñecidas. Temos tempodas completas e miniseries de todos os xéneros: drama, comedia, thriller, ciencia ficción, historia, e moito máis. Perfectas para maratonear ou gozar capítulo a capítulo.
  • Documentais: Obras que convidan a aprender, reflexionar e descubrir, abarcando temáticas variadas como historia, natureza, ciencia e sociedade.
  • Música: Discos de todos os estilos e épocas para gozar desde casa.

Como funciona o préstamo de audiovisuais a entidades?

Practicamente, funciona como o préstamo de libros e revistas, co mesmo prazo de 30 días, agás no referido a número de exemplares que se prestan simultaneamente (máximo 10 documentos audiovisuais). Así, coma no primeiro:

  • Pódese reservar: Se andades na procura dunha película ou outro documento que ten en préstamo outro lector ou lectora, ou entidade, podedes reservalo. Tedes a opción de reservar ata 15 exemplares.
  • Avisamos das reservas dispoñibles: Cando o material reservado xa estea dispoñible, avisarémosvos e poderedes recollelo na biblioteca na que o reservárades, dentro dun prazo máximo de 7 días. De non facelo nese prazo, a reserva quedaría anulada.
  • Pódese solicitar material audiovisual doutras bibliotecas da Rede: Enviarémosvos o material á biblioteca municipal da vosa elección, incluído o Punto de Préstamo de Mesoiro, e cando chegue avisamos. En canto entidade, teredes 7 días para poder recollelo.
  • Ollo!: os documentos correspondentes ao punto de Mesoiro non poden solicitarse desde outra biblioteca.
  • Pódese prorrogar o prazo de entrega: É posible renovar os préstamos por outros 15 días máis, agás que nese tempo algunha outra persoa ou entidade os reservase. A renovación solicítase na última semana (últimos 7 días) para o vencemento do prazo de préstamo.

Que hai que saber sobre a devolución do préstamo?

  • Para a devolución de materiais non é preciso traer o carné e calquera membro da entidade poderá facelo sen problema.
  • É posible devolver os materiais en calquera biblioteca ou punto de servizo da nosa Rede.
  • En certas bibliotecas, temos un buzón de devolución para depositar o material devolto cando estes centros están pechados.
    • As bibliotecas de Castrillón, Fórum, Rosales, Monte Alto e o punto de préstamo de Mesoiro teñen un buzón de devolución situado na parte exterior do edificio onde se localizan, co que é posible realizar a devolución a calquera hora todos os días da semana.
    • A biblioteca de Durán Loriga ten un buzón de devolución dentro do edificio, co que, malia que a biblioteca estea pechada, pódese realizar a devolución dentro do horario de apertura do edificio.

Que ocorre se incumprimos os prazos ou perdemos algo do prestado?

  • Incumprimento dos prazos de préstamo: O retraso na devolución conleva unha suspensión temporal do préstamo: un día por cada documento e día de retraso.
  • Perda ou deterioro de material: Suporá repoñer o material extraviado ou deteriorado. De non estar xa dispoñible no mercado, debedes contactar coa biblioteca na que o retirases para que vos orienten ou suxiran algún outro volume de características similares.

Outra información

Precisamos saber que audivisuais hai nas bibliotecas: o catálogo

Se precisades saber se nas bibliotecas hai material audiovisual de interese para a vosa entidade, só tedes que consultar o catálogo. Poderedes saber en que biblioteca está o que buscades, se está prestado e cando o devolven.

Se tedes dúbidas, contade coa nosa axuda presencialmente ou a través de teléfono ou correo electrónico. Non esquezades que os libros se envían dunhas bibliotecas a outras para que os recollades na biblioteca máis próxima a vós e, de non atopar o que precisades, podedes pedirnos asesoramento.

Queremos solicitar unha selección temática de materiais audiovisuais

Desde as bibliotecas, podemos facer unha selección de materiais (libros, audiovisuais, etc.) atendendo ás vosas necesidades e preparamos con eles un lote para que o poidades levar en préstamo a nome da vosa entidade.

Consultade esta posibilidade na seguinte ligazón:

Gustaríanos propoñer unha compra de interese para a entidade

Se non atopades na biblioteca algún libro ou revista de interese para a vosa entidade, podedes suxerirnos que o merquemos. Podedes facelo a través da web completando un formulario de solicitud de compra que tamén está dispoñible en papel en todas as bibliotecas.

Debedes ter en conta que para facer esta suxestión de compra tedes que presentar o carné da entidade como afiliada á Rede de bibliotecas.

Comprometémonos a dar unha resposta á solicitude no prazo máximo dun mes, e poderedes realizar un máximo de dúas peticións de compra por trimestre.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión