Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Libros e revistas para entidades

Dáte ao lote: mostra de préstamo de lotes na Biblioteca Ágora

Préstamo de libros

Precisas saber como sería o proceso para levar en préstamo libros e revistas a nome da entidade que representas? É doado!

Non tes máis que presentar o carné da entidade que representas e elixir ata 30 documentos!

É de balde, e poderás escoller entre máis de 200.000 exemplares dispoñibles para o préstamo nas bibliotecas municipais.

Desde novelas contemporáneas ata ensaios especializados, pasando polas revistas máis actuais, temos opcións para todos os gustos e necesidades.

Preguntas frecuentes sobre o préstamo de libros e revistas a entidades

Que materiais están dispoñibles?

  • Libros: Unha extensa variedade de xéneros, autores e temáticas, tanto de ficción como informativos.
  • Revistas: Acceso ao número actual e a números anteriores para descubrir artigos, tendencias e máis.
  • Ollo! NON se presta todo. Hai unha serie de excepcións: xornais e diarios, o último número das revistas, algunhas enciclopedias, dicionarios, ou exemplares raros, únicos, de difícil reposición, etc., están entre elas.

Cales son as condicións do préstamo de libros e revistas a entidades?

  • Número de documentos: Podedes levar simultaneamente 30 documentos máximo. Tede en conta que, de decidir levar tamén material audiovisual (discos ou películas) restan do número de libros e revistas totais.
  • Prazo: O prazo de préstamo é de 30 días.
  • Renovación: De precisar máis tempo, é posible renovar os préstamos a entidades por outros 15 días máis, agás que nese tempo algunha outra persoa ou entidade os reservase. Esta renovación solicítase na última semana (últimos 7 días) para o vencemento do prazo de préstamo e, como entidade, renóvase calquera tipo de documento.
  • Petición de reserva: Se andades na procura dun libro ou outro documento que está prestado a outro lector ou lectora, ou entidade, podedes reservalo. Tedes a opción de reservar ata 15 exemplares.
  • Dispoñibilidade da reserva: Cando un material reservado xa estea dispoñible, avisarémosvos e poderedes recollelo na biblioteca na que o reservárades, dentro dun prazo máximo de 7 días. De non facelo nese prazo, a reserva quedaría anulada.
  • Préstamo entre as bibliotecas da Rede: Se precisades un libro ou revista que estea noutra biblioteca municipal, enviarémosvos o material á biblioteca municipal da vosa elección, incluído o Punto de Préstamo de Mesoiro, e cando chegue avisarémosvos, e teredes 7 días para poder recollelo.

    Iso si: os documentos correspondentes ao punto de Mesoiro non poden solicitarse desde outra biblioteca.

Que hai que saber sobre a devolución do préstamo?

  • Para a devolución de materiais non é preciso traer o carné e calquera membro da entidade poderá facelo sen problema.
  • É posible devolver os materiais en calquera biblioteca ou punto de servizo da nosa Rede.
  • En certas bibliotecas, temos un buzón de devolución para depositar o material devolto cando estes centros están pechados.
    • As bibliotecas de Castrillón, Fórum, Rosales, Monte Alto e o punto de préstamo de Mesoiro teñen un buzón de devolución situado na parte exterior do edificio onde se localizan, co que é posible realizar a devolución a calquera hora todos os días da semana.
    • A biblioteca de Durán Loriga ten un buzón de devolución dentro do edificio, co que, malia que a biblioteca estea pechada, pódese realizar a devolución dentro do horario de apertura do edificio.

Que ocorre se incumprimos os prazos ou perdemos algo do prestado?

  • Incumprimento dos prazos de préstamo: O retraso na devolución conleva unha suspensión temporal do préstamo: un día por cada documento e día de retraso.
  • Perda ou deterioro de material: Suporá repoñer o material extraviado ou deteriorado. De non estar xa dispoñible no mercado, debedes contactar coa biblioteca na que o retirases para que vos orienten ou suxiran algún outro volume de características similares.

Outra información

Precisamos saber que libros e revistas hai nas bibliotecas: o catálogo

Se precisades saber se nas bibliotecas hai libros e revistas de interese para a vosa entidade, só tedes que consultar o catálogo. Poderedes saber en que biblioteca está o que buscades, se está prestado e cando o devolven.

Se tedes dúbidas, contade coa nosa axuda presencialmente ou a través de teléfono ou correo electrónico. Non esquezades que os libros se envían dunhas bibliotecas a outras para que os recollades na biblioteca máis próxima a vós e, de non atopar o que precisades, podedes pedirnos asesoramento.

Queremos saber máis sobre o préstamo de lotes temáticos á carta

Desde as bibliotecas, podemos facer unha selección de materiais (libros, audiovisuais, etc.) atendendo ás vosas necesidades e preparamos con eles un lote para que o poidades levar en préstamo a nome da vosa entidade.

Consultade esta posibilidade na seguinte ligazón:

Gustaríanos propoñer unha compra de interese para a entidade

Se non atopades na biblioteca algún libro ou revista de interese para a vosa entidade, podedes suxerirnos que o merquemos. Podedes facelo a través da web completando un formulario de solicitud de compra que tamén está dispoñible en papel en todas as bibliotecas.

Debedes ter en conta que para facer esta suxestión de compra tedes que presentar o carné da entidade como afiliada á Rede de bibliotecas.

Comprometémonos a dar unha resposta á solicitude no prazo máximo dun mes, e poderedes realizar un máximo de dúas peticións de compra por trimestre.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión