Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coruña Gráfica: obradoiros de humor inocente

Coruña Gráfica nace no ano 2015 como unha guía profesional das autoras e autores gráficos da Coruña e a súa área de influencia. No ano 2016 organízase tamén unha exposición coas obras das autorías presentes na guía e, xa no 2017, lánzase un completo programa de actividades centradas nun dos aspectos fundamentais da ilustración: o humor gráfico.

Nas bibliotecas teremos a oportunidade de realizar, da man de Alberto Guitián, un obradoiro de humor inocente repetido tres veces en lugares distintos: os días 16, 23 e 30 de decembro nas Bibliotecas Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, Fórum Metropolitano e Ágora, respectivamente.

Para poder asistir é necesaria a inscrición que, coma sempre, abrirase 7 días antes de cada un dos obradoiros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión