Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

A Porta Aberta 2018: orzamentos participativos nas bibliotecas

A porta aberta

Un ano máis hai unha porta que se abre nas bibliotecas.

Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu Concello.

A cidadanía propón proxectos de gasto que son preseleccionados nunha fase de apoios cidadá, logo son avaliados polo persoal técnico do Concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. As propostas máis votadas pola cidadanía pasan a formar parte do proxecto inicial do Orzamento Xeral do ano seguinte.

Este ano destínanse 3 millóns de euros do total do orzamento municipal para 2018:

  • 2 millóns de euros repartidos a partes iguais entre os 10 distritos (200.000 € para cada un)
  • 1 millón de euros para propostas dirixidas ao conxunto da cidade.

Nas bibliotecas e no Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) terán lugar diversos encontros onde poderás decidir en que se inviste tres millóns de euros dos orzamentos municipais para o ano 2018.

Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode participar.

Se queres máis información sobre as fases do proxecto, consulta a páxina web #AportaAberta

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión