Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Provocando a paz: recollida de materiais para as persoas refuxiadas de Tesalónica

campo de refuxiados

A Fundación Provocando a paz foi galardoada co Premio Amposta 2016 pola súa implicación na solidariedade ás persoas refuxiadas dos campos de Tesalónica e polas diferentes accións realizadas na recollida de alimentos para as persoas que sofren as consecuencias do conflito armado de Siria.

Provocando a paz, que ten distintos proxectos (culturais, educativos, de denuncia social, arte etc.) destinados ás máis de 65 millóns de persoas desprazadas pola forza no mundo, chega á Biblioteca Ágora co corredor humanitario de persoas refuxiadas, que consiste na recollida dos seguintes materiais:

  • deterxente para a roupa
  • leite en po
  • xampú para persoas adultas
  • toalliñas e xampú para bebé
  • aceite de xirasol
  • café

Poderás facer a túa doazón durante todo o mes de novembro no horario de apertura da biblioteca.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión