A finais de setembro pasado tivo lugar a 'Folga mundial polo clima' apoiada, só no noso país, por máis de 300 colectivos e organizacións e á que se sumaron milleiros de persoas que saíron ás rúas para esixir aos gobernantes de todo o mundo un compromiso real na loita contra o cambio climático.
Aínda que a expresión 'cambio climático' xa forma parte do pasado, porque agora mesmo o que estamos é a falar de 'emerxencia climática'.
Para reflexionar e sensibilizar acerca deste gran reto que a humanidade afronta, na Biblioteca Os Rosales poñemos en marcha unha programación especial que conta coas seguintes actividades.
Elixe a túa:
Ademais disto, atoparás mostras documentais cunha selección de materiais nas salas de adultos/as e infantil da biblioteca.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible