A Torre de Hércules foi construída na segunda metade do século I ou nos primeiros anos do século II d.C. e é o único faro romano que desde as súas orixes ata a actualidade cumpriu coa súa función primixenia, a de servir de sinal marítimo e instrumento de navegación para as embarcacións na súa travesía polo corredor atlántico.
De planta cuadrangular presenta unha altura total de 55 metros, dos cales máis de 34 corresponden á fábrica romana e 21 á restauración que se realizou a finais do século XVIII para a modernización. do seu sistema de sinalización marina.
Neste ano cúmprense 10 anos desde que fose declarada como Patrimonio da Humanidade, ocasión para a que a Biblioteca de Estudos Locais realizou unha selección dos carteis anunciadores que usaron o emblema herculino nos seus deseños e que se achegou como anexo á candidatura no 2009.
Co gallo deste centenenario e en colaboración co Instituto Cornide de Estudos Coruñeses terán lugar un ciclo de charlas na Biblioteca de Estudos Locais entre os meses de maio e xuño:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible