Clubs
Público adulto
Require inscrición
Mensual
En que consiste o club de lectura dixital Conscientes do noso ser?
Este club de lectura dá resposta á crecente demanda de libros e lecturas que faciliten o ser máis concientes de nós mesmas/os, dos pensamentos e das emocións propias.
A partir dos libros elixidos, cada encontro permitirá enriquecerse coa diversidade de interpretacións, reflexións e aportacións sobre a lectura compartida. Sendo este intercambio facilitador dunha maior comprensión, aprendizaxe e práctica na busca de melloras no benestar persoal.
Non require ser experta/o na lectura nin ter coñecementos previos, só boa disposición para o estar en atención, en observación e en escoita.
Todas as lecturas serán realizadas en soporte dixital a través de eBibliodaCoruna, a plataforma de préstamo de libros electrónicos da Deputación da Coruña. As bibliotecas facilitarán tablets en préstamo a todas as persoas que así o desexen. Para isto, debes facerte socia/a e firmar as condicións de uso na biblioteca.
Cómo participar
Dónde y cuándo
Lugar | Día da semana | Horario | Frecuencia | Prazas | |
Biblioteca Municipal Castrillón | Luns | 17.30h | Mensual | 20 |
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible