Cartel Verás que Verán
As Bibliotecas Bibliotecas Municipais iniciamos a campaña Verás que verán dirixida a todos os públicos do 21 de xuño ata o 21 setembro.
Ao longo deste verán levaremos a cabo accións e actividades para todos/as vós e coas que gozaredes moito máis nesta estación do ano:
MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS
TEMÁTICAS
Na Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña propoñémonos dar a coñecer iniciativas, ideas e recursos para gozar do tempo libre, respectando as medidas de seguridade e conscientes da necesidade dun turismo de proximidade, máis sustentable e respectuoso.
Na Biblioteca do Fórum Metropolitano viaxemos pois, de novo, aos 90 e naveguemos por listas de éxitos a través dos libros que formaron parte das nosas vidas, das películas que marcaron un punto de inflexión no noso camiño e da música.
PARA PÚBLICO ADULTO
Tan lonxe tan preto: novela longa vs. novela curta
Dende a Biblioteca Os Rosales convidámosvos a ler este verán. Pero que sodes máis, de novela longa ou de novela curta?
Na nosa escolma atoparedes lecturas para todos os gustos lectores. Hai quen reserva as triloxías ou novelas longas (os famosos "tochos") para o verán e hai quen prefire facer "viaxes curtas" a través da novelas de menos de 200 páxinas.
Escolma de libros na Biblioteca Os Rosales para ler antes... ou despois de ver. Libros adaptados á pantalla, series ou cine.
Adaptacións literarias ao cómic
Mostra bibliográfica na comicteca da sala de adultos/as da Biblioteca Os Rosales que une cómics e as novelas que lles serviron de inspiración. Adaptacións moi variadas en canto a estéticas e o modo de contar.
Editoriais independentes "Sexto Piso"
Dispoñible na Biblioteca Os Rosales.
Nunca choveu que non escampara polo que na Biblioteca Castrillón inauguramos este tempo de verán na terraza para que vos acheguedes a gozar das vosas lecturas na mellor compañía.
Na sala de adultos da Biblioteca Ágora atoparás unha selección de lecturas recomendadas para este verán, desde novela ambientada no período estival, poesía, libros coas mellores receitas de xeados ou propostas de batidos refrescantes.
Desfruta destas recomendacións e verás que verán!!
PARA OS/AS PEQUEN@S
Os clásicos, os teus e os do teu ou da túa bebé
Na Biblioteca Os Rosales relacionamos grandes clásicos da música para o público adulto cos seus análogos dentro da colección de música para bebés.
Un/unha bo/boa naturalista coñece a súa contorna, protéxea e, por suposto, goza dos espazos naturais que ten ao seu redor. Por iso, este verán, dende a Biblioteca Os Rosales animámosvos a ler, observar, recoñecer, protexer e gozar do parque como nunca o fixestes.
Consigue o teu carné naturalista completando os seguintes retos:
RECOÑECE (Sabes identificar as especies que hai no parque?)
PROTEXE (Como coidas do teu parque?)
GOZA (Cóntanos formas distintas de desfrutar do parque)
Durante os meses de verán na Biblioteca Durán Loriga teremos unha mostra onde se recollen algunhas das obras dos/as autores/as máis recoñecidos/as da literatura dirixida ao público infantil e xuvenil. Libros que se reeditan constantemente e que están a pasar desde hai máis de 30 anos de xeración en xeración e que son recibidos polas nenas e nenos sempre co mesmo entusiasmo.
Nos meses de xuño, xullo e setembro teremos uns encontros nos que presentaremos as autoras e autores que destacamos e faremos contacontos dalgunhas das súas obras.
Estade atentos/as porque precisaremos abrir inscricións para cada un dos encontros e as prazas voan!
As datas serán:
GUÍAS DE LECTURAS
Guía de recursos sobre turismo responsable
LOTES
Chega o verán e lugares como a sombra dunha árbore ou a beira do mar son espazos perfectos para que as crianzas lean. Para que desfrutedes desta refrescante aventura preparamos unha escolma de lotes de préstamo con divertidas e variadas lecturas.
Tedes estes lotes dispoñibles nas sala infantís de:
Achegádevos ás bibliotecas e escollede o voso lote!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible