Nace un novo ciclo temático na Biblioteca Os Rosales. Neste caso, ocupámonos da HISTORIA (así, con maiúsculas!) e falaremos dela ao longo de todo este outono 2022.
A principios dos anos 90 do século pasado, en medio do colapso do bloque soviético e o nacemento dunha nova orde mundial, fixo fortuna nos medios de comunicación a tese de Francis Fukuyama sobre 'a fin da Historia', chegando a convertirse nunha frase incluso popular. Con esa expresión o politólogo norteamericano facía referencia a un suposto triunfo definitivo das democracias occidentais de corte liberal como forma de goberno e vaticinaba a súa expansión, máis ou menos rápida, impulsada pola aceleración da globalización mundial. Porén, a sucesión de conflictos entre autocracias e democracias dende que deu comenzo o século XXI pon en cuestión a validez deste relato e deixa abertas moitas incógnitas de cara ao noso futuro.
En calquera caso, o que semella incontrovertible é que a mirada histórica segue a ser imprescindible para entender a realidade dun mundo cada vez máis complexo: para comprender o presente necesitamos coñecer o pasado; sen contexto histórico é difícil ir máis alá do inmediato.
O ciclo temático consta dos seguintes contidos:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible