Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca verde

É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.

Obxectivos

  • >Achegar á cidadanía información que contribúa a fomentar o uso de alternativas de consumo consciente.
  • >Dar a coñecer entidades da nosa contorna que traballan a favor da sustentabilidade e servir de plataforma de difusión para estas iniciativas.
  • >Visibilizar prácticas alternativas relacionadas coas diferentes vertentes da actividade humana (educación, alimentación, consumo, pensamento e lecer).
  • >Asumir o compromiso ambiental nas nosas prácticas internas.
  • >Conformar unha colección variada que reflicta e apoie as liñas e o obxectivo que se mencionan anteriormente.
  • >Dar a coñecer o noso fondo temático.

Fondo especializado

En cada unha das nosas bibliotecas existe un espazo Biblioteca Verde cunha selección de materiais bibliográficos nos diversos formatos que viran ao redor das temáticas sobre desenvolvemento sustentable, ecoloxía, natureza, alimentación ou lecer responsable.

  • >Podes coñecer os títulos de Biblioteca Verde dispoñibles na nosa colección picando aquí.

Campañas de concienciación

Desde Biblioteca Verde e de forma periódica organízanse campañas de divulgación e concienciación sobre distintos aspectos vinculados á natureza, as alternativas ecolóxicas e todo o relacionado cun desenvolvemento sustentable.

Encontros participativos

Os encontros e charlas organizados desde Biblioteca Verde perseguen crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade. Asistindo a estas charlas, que habitualmente se ofertan entre outubro e maio, poderás coñecer experiencias sustentables que teñen lugar na nosa cidade.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión