Clubs
Xuvenil / Público adulto
Require inscrición
De outubro a xuño
En qué consiste o club Fiando historias?
As bibliotecas públicas teñen como misión garantir o acceso á información e á cultura a toda a cidadanía, sexa cal for a súa condición, e basean a súa actividade nas necesidades da poboación do seu territorio. Como bibliotecas abertas a todo o mundo que son, teñen que dar servizo tamén a aquelas persoas que non poden ou non fan uso dos seus servizos pola razón que sexa.
"Fiando historias" nace da conciencia que toma a Biblioteca Fórum para exercer accións de calado social que redunden en mellorar a vida daqueles cidadáns que están á marxe da programación habitual da biblioteca. Tralo paso de numeresosas entidades e asociacións polo Programa "Achega: a biblioteca como espazo inclusivo para persoas con diversidade funcional" establécese unha relación directa de diálogo e coñecemento real das necesidades dos seus usuarios.
Xorde así a idea de crear un Club de Lectura Fácil para pacientes de Sáude Mental co obxectivo de facelos partícipes dunha actividade que axude a mellorar o seu nivel de compromiso de participación activa na sociedade. A importancia da saúde mental destácase na definición de saúde que figura na propia Constitución da OMS: "A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades".
A particularidade serán as actividades complementarias que axuden á comprensión dos textos e á socialización e interacción dos membros entre eles.
En outubro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
Como participar
Onde e cando?
Lugar |
Día da semana | Horario | Frecuencia | Prazas |
Biblioteca Fórum | Xoves | 11 horas | Semanal | 20 |
Programas relacionados
Programas relacionados
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible