Clubs
Público xuvenil e adulto
Require inscrición
De outubro a maio. Mensual
En que consiste O cuarto propio?
O cuarto propio é o club de lectura feminista da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, que vén completar o amplo catálogo de accións de promoción da lectura e da igualdade e diversidade que ofrecemos, como o centro de interese Xénero e feminismos ou o club de lectura LGTB QUEERuña.
Nos encontros, de periodicidade mensual, comentaremos e valoraremos grupalmente os libros que a biblioteca facilitará de forma gratuíta. Servirán de ferramenta de aprendizaxe colectiva para a necesaria transformación social a través da reflexión sobre as novas formas de familia, o feminismo, a importancia dos coidados ou, entre outras cousas, as mulleres que cambiaron o mundo.
Pretendemos que as citas sexan dinámicas e variadas e, por iso, a elección dos temas para debater nas sesións será rotativa, aínda que contaremos coa axuda dunha persoa coordinadora.
Como participar
Onde e cando
Lugar | Día da semana | Hora | Prazas | Frecuencia |
Biblioteca Ágora | Mércores | 19.00h | 20 | Mensual |
Entidades
Programas relacionados
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible