Visita o álbum de fotos desta actividade
Contacontos
Entrada libre até completar a capacidade
De outubro a maio. Quincenal
En que consisten Os Nosos Contos?
Sesións dirixidas a familias con nenos e nenas de entre 2 e 6 anos. Acompañados polo camaleón Maelón e a Gardiá dos contos.
Onde e cando
Este programa actualmente non se desenvolve. Podes consultar outras actividades dirixidas ás mesmas idades.
Moi importante
Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levarvos a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.
Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.
Programas relacionados
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible