Charlas e debates
Persoas adultas
06/04/2020
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 19.00 a 20.30 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir. Descúbreas!
A luz artificial é un dos grandes inventos da humanidade, mais hoxe sabemos que ten un lado negativo: a contaminación luminosa. O uso de luz artificial fai desaparecer a escuridade natural da noite e iso ten grandes consecuencias sobre o medio ambiente. Ademais, ten tamén efecto sobre a saúde humana e supón un consumo innecesario de recursos enerxético por valor de centos de millóns de euros cada ano.
Da man de Martin Pawley, coordinador do grupo de traballo sobre contaminación luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío , descubriremos nesta sesión como reducir a contaminación luminosa sen que a cidadanía perda calidade de vida, aprendendo a empregar a luz de xeito responsable.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible