Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH. Obradoiro de software libre

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

Dende o 07/09/2024 ás 11:00 ata o 28/09/2024 ás 13:00 , os sábados

Realizarase os sábados 7, 14, 21 e 28 de setembro.

Inscricións:

Dende o 31/08/2024 ata o 07/09/2024

Require inscrición.

Horario:

Das 11.00 ás 13.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

A partir dos 16 anos

Hashtag:

#biblioTECH

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Apostamos polas alternativas tecnolóxicas libres!

Ás veces queremos coñecer alternativas ás grandes multinacionais, non podemos ou non queremos investir en licenzas ou paquetes de pago e  para iso precisamos saber que sistemas operativos e programas de software libre hai como alternativa aos clásicos de Microsoft ou MAC. Dentro do programa BiblioTECH dámosvos as alternativas.

Por curiosidade ou por necesidade, se queres coñecer algúns dos sistemas operativos e paquetes de oficina ou deseño libres que existen, na Biblioteca Durán Loriga tes o teu taller!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión