Talleres
Infantil
De 4 a 7 anos
01/02/2020
Xa rematou
Dende o 25/01/2020 ata o 01/02/2020
Require inscrición
de 11.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Realidade aumentada nos libros. Os máis pequenos empezan a coñecer as novas tecnoloxías.
A Realidade Aumentada ( R.A.) é unha tecnoloxía que permite mostrar unha imaxe dixital en medio dun espazo real ao tempo que vemos o que realmente existe nese espazo.
Neste taller as e os participantes aprenderán en que consiste a realidade aumentada, e como está cada vez máis presente nas nosas vidas: nas caixas dalgúns xoguetes, nos botes de alimentos e nos libros orientados ao público infantil e xuvenil.
A través da gamificación crearase un ambiente lúdico de traballo, potenciarase a socialización, o traballo en equipo e o compañeirismo.
Comezaremos facendo fichas coloreables de realidade aumentada e tras ver como os debuxos "cobran vida" pasaremos á lectura e visualización de contos con realidade aumentada.
Queres saber ...
SomosPro é un programa mensual para nenos e meniñas 9-14 anos de divulgación científica, relacionado co concepto STEAM ((Science, Technology, Engineering, Art, Mathematics) focalizado na eliminación dous estereotipos de xénero.
Máis informaciónActividades relacionadas
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible